- V ENCONTRO MOSTRA ASOCIATIVA XUVENIL - I FORO EMPRENDE
(Vilagarcía de Arousa - 29-30 de outubro de 2011)
O obxectivo desta iniciativa, é crear un espazo aberto ao asociacionismo e á reflexión sobre a importancia de que os mozos e mozas participen del para o desenvolvemento dunha sociedade máis xusta. Tamén se pretende abrir un foro no que se expresen os grupos integrados por este colectivo.
No encontro trataranse temas de interese común, especialmente aqueles relacionados coas oportunidades que se derivan da cooperación transfronteiriza. A parte, porase en común o traballo e as experiencias das asociacións e agrupacións en distintas áreas, como a do cinema, teatro, artes, deporte, animación, prensa e formación, entre outras.
A novidade da presente edición será a celebración do I Foro Emprende, na que se contará coa participación de empresarios novos de Galicia e Portugal para fomentar unha mentalidade emprendedora entre a xuventude, e facilitar o acceso ao mercado laboral da mocidade; mais aínda nestes anos de crise na que son os principais perxudicados.
Máis información en www.xuventude.net - Xa está aberto o prazo de inscrición)
CURSO GRATUÍTO ON LINE DE PORTUGUÉS
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ofrece a posibilidade de realizar o curso "Portugués para nós", en liña e de balde, a todas aquelas persoas interesadas en obter o diploma acreditativo de coñecemento da lingua portuguesa no nivel de iniciación . Para inscricións e obter toda a información do curso segue a seguinte ligazón: http://www.portuguesparanos.org/
CARNÉ XOVE EURO £ 30:
Se tes entre 12 e 30 anos xa podes obte-lo teu carné xove na Oficina Municipal de Información Xuvenil. Este carné, que ten unha validez de 2 anos e un prezo de 6 €, ofréceche numerosas vantaxes e descontos en gran cantidade de servizos e establecementos (tendas, transportes, cine, etc...), así que non o dubides e consegue o teu! Se queres máis información, podes consulta-la páxina www.xuventude.net ou vir directamente á OMIX do teu Concello.